Estás en:Novas

A Deputación financia a instalación de pantallas e tótems interactivos de información nas rúas de Sada

O proxecto Xanela Aberta instalará cinco paneis dixitais en diferentes rúas do municipio para ofrecer información a veciños e visitantes

A Deputación financia a instalación de pantallas e tótems interactivos de información nas rúas de Sada

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Sada, Benito Portela, e o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas, asinaron hoxe na sede da institución provincial o convenio para o financiamento do proxecto Xanela Aberta, que permitirá a instalación de pantallas e tótems interactivos de información municipal e turística en diversos lugares do concello. O proxecto supón un investimento de 56.749 euros, dos que a Deputación financiará o 79% (45.000 euros).

Os paneis instalaranse na estrada Sada-Oleiros (á altura do lugar da Fraga), en Fontán, na rotonda do IES Isaac Díaz Pardo, no entorno da Casa da Cultura e no exterior da Oficina Municipal de Turismo, localizacións estratéxicas que permitirán achegar a información municipal e turística á veciñanza e visitantes.

O obxectivo do proxecto é facilitar o acceso á información municipal e de servizo (farmacias de garda, horarios de transporte público, restricións de tráfico), difundir eventos de carácter festivo, cultural, deportivo, etc que acolla a localidade, axudar a dinamizar o comercio e a hostalaría local e potenciar a visibilidade dos recursos turísticos, patrimoniais ou medioambientais sadenses.

Páxinas suxeridas