Estás en:Novas

A Deputación concede preto de 800.000 euros para o mantemento de centros de 41 entidades sociais da provincia

O Boletín Oficial da Provincia recolle a concesión definitiva desta liña de subvencións para o mantemento das súas instalación

A Deputación concede preto de 800.000 euros para o mantemento de centros de 41 entidades sociais da provincia

A Deputación da Coruña inviste 793.472,13 euros para o mantemento de centros de servizos sociais da provincia ao longo deste ano. No Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicouse hoxe a listaxe definitiva das entidades sen fins de lucro beneficiarias destas axudas.

Un total de 41 asociacións da provincia contarán con estas subvencións para o mantemento dos seus centros. As contías outorgadas oscilan entre un mínimo de 4.225 euros e un máximo de 25.500 euros.

Albergues, centros de día, de rehabilitación psicosocial e laboral, ocupacionais, de acollida, de inclusión social, de menores e vivendas comunitarias son algunhas das instalacións que se manteñen a través deste programa provincial, que complementa á liña de mantemento de programas no eido dos servizos sociais no que a Deputación inviste outros 800.000 euros e que está a piques de producirse a súa aprobación definitiva. En total, a área de Benestar Social que dirixe a deputada Ana Lamas inviste un total de 3,2 millóns de euros en subvencións a entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Ana Lamas destaca a "labor fundamental que exercen para a sociedade estas entidades, dando un servizo imprescindible aos miles de usuarios e usuarias, persoas con diversidade funcional, en risco de exclusión social, maiores... e tamén ás súas familias".

Listaxe de axudas definitivas para o mantemento de centros de servizos sociais no ano 2022