Estás en:Novas

Sesión de formación dixital da EBIBLIODACORUNA e do EBIBLIODACORUNACLUB

Sesión de formación dixital da EBIBLIODACORUNA e do EBIBLIODACORUNACLUB

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña impartiremos  dúas sesións de formación virtuais para as persoas encargadas das bibliotecas municipais da provincia da Coruña. Podes escoller o día que máis se axeite ao voso horario.
A formación será virtual a través do Meet e terá unha hora de duración aproximadamente.

    • 1ª sesión: 4 de outubro de 2022 ás 11:00 h.
    • 2ª sesión: 10 de outubro de 2022 ás 17:00 h.

Compartiremos as ligazóns ao encontro por correo electrónico o día antes de cada sesión.
Os contidos que imos abordar nestas sesións son sobre a biblioteca dixital EBIBLIODACORUNA https://ebibliodacoruna.odilotk.es/ e o Club de Lectura Dixital EBIBLIODACORUNA CLUB https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es/, dúas ferramentas que a Deputación da Coruña ten á disposición de todas as bibliotecas municipais da Coruña e dos seus lectores.


0. Benvida e presentación.
1. Cómo inscribirse e cómo acceder.
2. Cómo navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.
3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.
5. Cómo enviar suxerencias de compra. Mellores prácticas
6. Cómo acceder e participar no club de lectura.
7. Próximas convocatorias de clubes de lectura.

Se precisades máis información podedes contactar con nós no 981080176 e no correo biblioteca.info@dacoruna.gal

Páxinas suxeridas