Estás en:Novas

Ampliación prazo de xustificación ata o 30/12/2022 para actuacións en materia de residuos de competencia municipal. Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 21 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975J).
Ampliándose o período de execución das actuacións que se subvencionan e o período para presentar a documentación xustificativa dos investimentos ata o 30 de decembro de 2022.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220930/AnuncioG0532-220922-0001_gl.pdf