Píldora informativa: Boas prácticas en seguridade da información. Prevención fronte ao Ransomware

Que é?
- Trátase dun software malicioso que chega a nós normalmente a través dun correo electrónico, como adxunto, ou descargando un arquivo dunha páxina web.
- Ao executar o arquivo, instálase no noso equipo un programa que comeza a cifrar pouco a pouco os nosos arquivos (polo xeral os de ofimática, imaxes e vídeos), tanto os que temos no noso disco duro
- como os que temos nas unidades de rede accesibles dende o noso equipo.
- Os arquivos quedan cifrados e o atacante solicita un rescate para darnos o contrasinal que permita descifralos.
Consellos
- Non abras arquivos adxuntos de procedencia descoñecida que recibas por calquera medio.
- Desbota correos e comunicacións estrañas, aínda que sexan de coñecidos. Lembra que sempre podes comprobar a veracidade da comunicación por unha canle alternativa na que confíes (teléfono, canle presencial, consulta ao contacto habitual, etc.)
- Ten especial precaución coas mensaxes que fan referencia a facturas, notificacións, entrega de paquetes, avisos de Facenda, Correos, etc. que non esteas agardando.
- Navega de forma segura pola rede (emprega https)
- Mantén os teus dispositivos actualizados.
- Almacena os datos no lugar adecuado: asegúrate de preservar os teus documentos nas unidades designadas pola organización e das que sen fan copias de seguridade