Estás en:Novas

Píldora Seguridade: Datos persoais e datos sensibles

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade:  Datos persoais e datos sensibles
Deputación da Coruña Concello Dixital

PÍLULAS FORMATIVAS

Boas prácticas en protección de datos

Datos persoais e datos sensibles

Un dato persoal é calquera información relacionada cunha persoa física identificada ou identificable. Pode identificar directamente, como o nome, ou indirectamente, ao combinarse con outra información. Recoñecelos é o primeiro paso para tratalos de forma segura.

COMO IDENTIFICAR OS DATOS PERSOAIS E SENSIBLES

✓
Son datos persoais o nome e apelidos, DNI, teléfono, correo electrónico, enderezo, imaxe, datos de localización ou identificadores en liña, cando permiten identificar unha persoa.
✓
Un dato pode ser persoal por combinación. Aínda que un dato illado non identifique, pode facelo xunto con outra información dispoñible.
✓
Non son datos persoais os datos verdadeiramente anónimos, por exemplo estatísticas agregadas nas que non é posible identificar nin reidentificar persoas.
✓
Os datos seudonimizados seguen sendo persoais se existe información adicional que permita relacionalos cunha persoa.