Estás en:Novas

A deputada de Política Social visitou a escola infantil de Rianxo

A deputada de Política Social visitou a escola infantil de Rianxo

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, acompañada do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, a concelleira de Política Social, Ana Vidal, e o concelleiro Óscar Rial, visitou a escola infantil do municipio para coñecer o seu funcionamento e interesarse sobre posibles colaboracións entre a Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo para dar solución a determinadas eivas que presenta o inmoble, como humidades e filtracións.

Desde o Concello pediron tamén a colaboración da Deputación para a feira Rianxo Gaming Experience 2024, tras o éxito da primeira edición celebrada este ano, que incluíu charlas, obradoiros e torneos sobre o mundo dos videoxogos e o ocio dixital.