Pílula 'Mes europeo da ciberseguridade e V Encontro Galego de Ciberseguridade'
Boas prácticas en seguridade da información
Mes europeo da ciberseguridade e V Encontro Galego de Ciberseguridade
Dende o ano 2012, a Unión Europea vén celebrando o Mes Europeo da Ciberseguridade co fin de promover unha contorna dixital segura a todos os niveis. Esta edición co lema “Pensa antes de facer clic”, está centrada na protección fronte á enxeñería social, unha tendencia crecente coa que os ciberdelincuentes perseguen manipular ás persoas co fin de que revelen información confidencial ou realicen accións que comprometan a seguridade dos seus equipos e dispositivos, tanto persoais como da contorna laboral.

V Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal
Compartindo obxectivo co Mes Europeo da Ciberseguridade, a Xunta de Galicia, a través do Nodo CIBER.gal, celebrará o V Encontro Galego de Ciberseguridade os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura. O Encontro acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega: dende Administracións Públicas, provedores de servizos, profesionais do sector e do tecido empresarial en xeral; ata familias, estudiantes, centros educativos e cidadáns en xeral.
Contará coa participación de recoñecidos profesionais, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.
Acudir ao encontro é gratuíto e o prazo de inscrición xa está aberto. É preciso rexistrarse tanto para a modalidade en liña coma para a presencial. Pode rexistrarse en: Inscrición :: V Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal. 5, 6 e 7 de novembro | Gaiástech (xunta.gal)

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.
