Estás en:Novas
Outras convocatorias

Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) - DATA LÍMITE: 02/03/2026

Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) - DATA LÍMITE: 02/03/2026

Convocatoria:
Subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.

Obxectivos:
Colaborar economicamente coas AVPC nos gastos corrientes para garantir o seu funcionamento nos respectivos concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.

Entidades beneficiarias:
Agrupacións de persoal voluntario de protección civil (AVPC) de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.
Deben estar legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro de AVPC (ou con solicitude presentada), con dependencia funcional da entidade local e NIF propio.

Gastos subvencionables:
Considéranse gastos subvencionables aqueles necesarios para o funcionamento e operatividade das agrupacións de protección civil, en particular:
• Equipamento e vestimenta persoal de uniforme.
• Equipamentos de prevención e de protección, sempre que se trate de material funxible (incluído material da caixa sanitaria).
• Gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo.
• Gastos ocasionados pola conservación, mantemento e/ou alugamento da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, gastos de comunicación.
• Pagamento de seguros do persoal voluntario de protección civil ou outro tipo de seguros relacionados cos medios e desenvolvemento do traballo e das tarefas da AVPC.
• Gastos ocasionados pola formación dos seus compoñentes.
• Equipamento do material informático e de comunicacións, sempre que en ambos os casos se trate de elementos funxibles.

Contía da subvención:
A subvención individual será inferior a 10.000 €, proporcional á puntuación obtida nos criterios de avaliación (como ratio de persoas voluntarias/habitantes e participación en emerxencias).

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 29/01/2026 - 02/03/2026

Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Servizo de Emerxencias da Coruña
A Coruña
Tlf.: 981 184 455
Correo-e:emerxencias.coruna@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal