Programa Galicia refuxio climático - DATA LÍMITE: 27/03/2026
Convocatoria:
Concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (Programa Galicia Refuxio Climático) así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (Programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos).
Obxectivos:
• Colaborar cos concellos galegos na loita contra o cambio climático.
• Fomentar a aplicación de solucións baseadas na natureza en espazos urbanos e periurbanos.
• Impulsar a infraestrutura verde e a conectividade dos espazos naturais.
• Incrementar a biodiversidade e mellorar a súa conservación.
• Favorecer a adaptación ao cambio climático.
• Mellorar a calidade ambiental e crear espazos saudables.
• Identificar e adecuar refuxios climáticos para a biodiversidade.
Entidades beneficiarias:
Concellos de Galicia (de forma individual).
Requisitos principais:
• Poderán presentar ata 3 proxectos (máximo 2 da liña 1 e 1 da liña 2).
• Dispoñibilidade plena dos terreos.
• Acordo plenario ou do órgano competente aceptando as condicións.
Gastos subvencionables:
Serán subvencionables os proxectos que se inclúan nas seguintes actuacións:
LIÑA 1: Aplicación de solucións baseadas na natureza en espazos urbanos e periurbanos (Programa Galicia Refuxio Climático).
• Proxectos tipo A. Intervencións para atenuar o efecto illa de calor urbana.
• Proxectos tipo B. Incremento da biodiversidade urbana e zonas verdes.
LIÑA 2. Identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade (Programa PIMA Adapta Refuxios Climáticos)
• Proxectos tipo A. Desenvolvemento de estudos técnicos orientados á identificación efectiva de refuxios climáticos de retención ou de desprazamento/acollida.
• Proxectos tipo B. Desenvolvemento de estudos técnicos orientados á identificación de corredores ecolóxicos que reforcen o papel dos refuxios identificados.
• Proxectos tipo C. Traballos orientados á mellora da funcionalidade de refuxios climáticos identificados, incluíndo no seu caso a restauración de zonas degradadas potencialmente valiosas para ese fin.
Serán subvencionables os seguintes gastos: execución de obras e adquisición de equipamentos, honorarios técnicos (arquitectura e enxeñaría), IVE soportado polos concellos.
Contía da subvención:
Ata o 80% do investimento subvencionable aceptado.
Máximo 60.000 € por proxecto.
Procedemento en concorrencia non competitiva.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 27/02/2026 - 27/03/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 658
Correo-e: sxccol.medioambiente@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
