Apertura do prazo de contestación das enquisas de necesidades de estudo do persoal empregado público local da Deputación Provincial da Coruña e das entidades locais adheridas
ENQUISA ANUAL DE ESTUDO DE NECESIDADES FORMATIVAS
Desde a Sección de Formación, co obxectivo de mellorar as competencias e cualificacións profesionais do personal empregado público local da Deputación da Coruña, concellos, mancomunidades e demáis entidades locais adheridas a través dos Plans de formación agrupados anuais, ponse en marcha o estudo e detección de necesidades formativas para o ano 2026.
Para iso, ponse ao dispór unha enquisa de necesidades formativas até o 10 de marzo de 2026. Este ano, como novidade, ademáis de realizarse unha enquisa INDIVIDUAL e outra COLECTIVA, introdúcese unha enquisa SINDICAL para cubriren as persoas representantes sindicais presentes na Mesa de Formación.
Para poder cubrir os datos da enquisa de necesidades formativas, deberase ir á paxina de Formación da Deputación Provincial da Coruña, no apartado relativo a "ACCESOS DIRECTOS" e aí ao recadro "Estudo de necesidades formativas (Enquisa Anual)", ao cal se chega seguindo a ruta que se indica a continuación.
https://www.dacoruna.gal/formacion/
Grazas polo voso tempo e colaboración.
