Estás en:Novas

Píldora Seguridade: Protección da navegación web

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade: Protección da navegación web
Deputación da Coruña
Concello Dixital

Protección da navegación web

Mentres navegamos na internet, debemos ter en conta a realización de prácticas que nos axudarán a protexer a seguridade da nosa información e a da organización

BOAS PRÁCTICAS PARA A NAVEGACIÓN WEB

  • ✔ Sempre que entres a un sitio web, comproba que é seguro e coñecido.
  • ✔ Se debes descargar un ficheiro procedente dunha páxina web non relacionada coa empresa, faino seguindo as medidas de seguridade establecidas.
  • ✔ En todo caso, non descargues nada de fontes descoñecidas.
  • ✔ Non gardar credenciais en equipos alleos.
  • ✔ Evita facer clic en publicidades ou xanelas emerxentes. Utiliza un bloqueador de publicidades para previr a súa aparición.
  • ✔ Borra as cookies, os ficheiros temporais e o historial cando utilices equipos alleos (públicos ou doutras persoas) para non deixar rastro da túa navegación.

Cada usuario é responsable do bo uso e da protección da información da organización.


Lembra: Os atacantes aproveitan unha navegación web insegura para introducir malware nos nosos equipos, colleitar información persoal ou da organización e espiar o noso comportamento na internet.