Apertura do prazo de contestación das enquisas COLECTIVA e SINDICAL de necesidades de formación para o Plan de Formación Agrupado do 2026
ENQUISAS COLECTIVAS E SINDICAIS ANUAIS DE ESTUDO DE NECESIDADES FORMATIVAS
Desde a Sección de Formación, co obxectivo de mellorar as competencias e cualificacións profesionais do persoal empregado público local da Deputación da Coruña, concellos, mancomunidades e demais entidades locais adheridas a través dos Plans de formación agrupados anuais, ponse en marcha o estudo e detección de necesidades formativas para o ano 2026.
Para participar, habilitase por segundo ano consecutivo unha enquisa colectiva de necesidades formativas, que estará aberta ata o 22 de marzo de 2026. Ademais, este ano incorpórase como novidade unha enquisa específica para representantes sindicais presentes na Mesa de Formación, que tamén deberán cubrir no mesmo prazo, é dicir, ata o 22 de marzo de 2026.
Só poderán participar determinadas persoas empregadas públicas locais que recibiron unha comunicación previa por correo electrónico desde a Sección de Formación, no que se lles indicaba a apertura do prazo de presentación das enquisas COLECTIVA e SINDICAL.
Para poder cubrir os datos da enquisa de necesidades formativas, deberase ir á páxina de Formación da Deputación Provincial da Coruña, no apartado relativo a "ACCESOS DIRECTOS" e aí seleccionar o recadro "Estudo de necesidades formativas (Enquisa Anual)", ao cal se chega seguindo a ruta que se indica a continuación.
https://www.dacoruna.gal/formacion/
Grazas polo voso tempo e colaboración.
