Estás en:Novas

Ampliación do prazo de contestación das ENQUISAS INDIVIDUAIS de necesidades de formación para o Plan de formación agrupado de 2026

ENQUISA INDIVIDUAL ANUAL DE ESTUDO DE NECESIDADES FORMATIVAS

Ampliación do prazo de contestación das ENQUISAS INDIVIDUAIS de necesidades de formación para o Plan de formación agrupado de 2026

O pasado 27 de febreiro abriuse o prazo para responder as enquisas individuais sobre necesidades formativas, dirixidas ao persoal empregado público local da Deputación Provincial da Coruña e das entidades locais adheridas aos plans de formación agrupados.


Inicialmente, o prazo para a súa contestación finalizaba o 10 de marzo. Porén, decidiuse amplialo ata o próximo 15 de marzo de 2026 para facilitar a participación de todo o persoal implicado.