Estás en:Novas

Trinta e dous concellos contratarán persoal de museos co financiamento da Deputación da Coruña

A área de Cultura subvenciona 38 contratos que contribuirán a profesionalizar os centros culturais municipais

Trinta e dous concellos contratarán persoal de museos co financiamento da Deputación da Coruña

Trinta e dous serán os concellos que se beneficien da liña de axudas da área de Cultura da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico de museos e centros de interpretación. A liña conta cun orzamento de 382.929 € co que se realizarán 38 contratos xa que seis dos concellos presentaron dúas solicitudes para distintos centros do municipio.

A área de Cultura da Deputación da Coruña contribúe á personalización dos museos e centros de interpretación e á creación de emprego no sector cunha liña de axudas da que se benefician 32 concellos coa que se realizarán un total de 38 contratacións laborais. Camariñas, Muros, Oleiros, Porto do Son, Rianxo e Ribeira presentaron nesta convocatoria dúas solicitudes para dotar de persoal a dous centros culturais dos seus concellos.

"Con esta convocatoria queremos colaborar cos concellos na xestión máis profesional de centros culturais como museos ou centros de interpretacións que son, en moitas ocasións, verdadeiros focos de atención cultural e recursos turísticos de especial relevancia", explica o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

Entre os centros que acollerán persoal especializado contratado co financiamento da Deputación da Coruña atópanse espazos de referencia como o Museo do Humor de Fene, o Muíño das Mareas de Muros, a Aula do Mar ou o Museo dos Oleiros de Oleiros, o Museo das Mariñas de Betanzos, o Museo de Man de Camelle de Camariñas, a Casa Museo de Manuel Antonio de Rianxo ou o Museo do Surf de Valdoviño.

"Esta liña de axuda súmase á de persoal técnico de xestión e animación sociocultural que contribúen á creación do emprego no sector e á mellora na personalización da cultura, un dos obxectivos da área de Cultura da Deputación da Coruña", apunta Xurxo Couto.

Os concellos recibirán, segundo a resolución que sae hoxe 1 de xuño publicada no BOP, axudas que van desde os 15.000€ aos 4.907€.

CONCELLO DA LARACHA/ CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS MUÍÑOS  5.000,00 €

CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL  15.000,00 €

CONCELLO DE ARTEIXO/ CENTRO DE INTERPRETACIÓN AULA DA NATUREZA. 5.000,00 €

CONCELLO DE BETANZOS/ MUSEO DAS MARIÑAS 12.500,00 €

CONCELLO DE BOIRO/ CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA 12.500,00 €

CONCELLO DE CAMARIÑAS/MUSEO DE MAN DE CAMELLE 12.500,00 €

CONCELLO DE CAMARIÑAS/MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS 12.500,00 €

CONCELLO DE CARBALLO/ MUSEO DE BERGANTIÑOS 15.000,00 €

CONCELLO DE CARNOTA/MUSEO ARQUEOLÓXICO ABERTO 10.000,00 €

CONCELLO DE CEDEIRA/ CASTELO DA CONCEPCIÓN 5.000,00 €

CONCELLO DE CERCEDA/ ECOMUSEO DE CERCED 9.074,91 €

CONCELLO DE FENE/ MUSEO DO HUMOR 15.000,00 €

CONCELLO DE FISTERRA/ MUSEO DA PESCA 10.000,00 €

CONCELLO DE LAXE/MUSEO DO MAR DE LAXE 12.500,00 €

CONCELLO DE LOUSAME/CENTRO INTERPRETACIÓN SAN FINX 8.059,06 €

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS/CENTRO ARTESANÍA E TRADICIÓN (CAT) 10.000,00 €

CONCELLO DE MOECHE/ CASTELO DE MOECHE 10.000,00 €

CONCELLO DE MUROS/ANTIGA CONSERVEIRA DE SEL 4.907,62 €

CONCELLO DE MUROS/MUÍÑO DAS MAREAS 10.000,00 €

CONCELLO DE MUXÍA 5.000,00 €

CONCELLO DE NOIA 8.614,78 €

CONCELLO DE OLEIROS/ MUSEO OS OLEIROS "JOSE´Mª KAYDEDA" 15.000,00 €

CONCELLO DE OLEIROS-CENTRO INTERPRETACIÓN DA AULA DO MAR 7.500,00 €

CONCELLO DE OROSO/ CEICI 7.500,00 €

CONCELLO DE ORTIGUEIRA 10.000,00 €

CONCELLO DE PADERNE/ AULA DA RÍA 5.000,00 €

CONCELLO DE PONTECESO/ MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA COSTA DA MORTE 10.000,00 €

CONCELLO DE PONTEDEUME/ CENTRO DE INTERPRETACIÓN DOS ANDRADE 12.500,00 €

CONCELLO DE PORTO DO SON/ CENTRO INTERPRETACIÓN DO CASTRO DE BAROÑA 10.000,00 €

CONCELLO DE PORTO DO SON/ MUSEO DA MEMORIA MARIÑEIRA 12.500,00 €

CONCELLO DE RIANXO/ AULA ACTIVA DO MAR "SANTIAGO GALLEGO PICARD" 12.386,67 €

CONCELLO DE RIANXO/ CASA MUSEO MANUEL ANTONIO 12.386,48 €

CONCELLO DE RIBEIRA/ MUSEO MUNICIPAL 12.500,00 €

CONCELLO DE RIBEIRA/ CENTRO INTERPRETACIÓN ARQUEOLÓXICA DE SAN ROQUE 12.500,00 €

CONCELLO DE TOURO/ CENTRO INTERPRETACIÓN DO RÍA ULLA 2.500,00 €

CONCELLO DE VALDOVIÑO/ MUSEO DE SURF 7.500,00 €

CONCELLO DE VIMIANZO/ 15.000,00 €

CONCELLO DE ZAS/ RUTA PAZOS BARROCOS 10.000,00 €

TOTAL CONCEDIDO 382.929,52 €