Estás en:Novas

Tres mil pequenos negocios de hostalaría e axencias de viaxe recibirán 4,5 millóns de euros en axudas do PEL-REACTIVA da Deputación da Coruña

Valentín González Formoso presenta o balance das axudas da Deputación ao sector hostaleiro e destaca os 25 millóns de euros que o seu goberno destinou no último ano aos sectores máis afectados pola pandemia

Rexistráronse 3.000 solicitudes, das que 2.530 xa están pagadas a día de hoxe

As axudas, de 1.500 euros por negocio, suman un investimento de 4,5 millóns cun tempo medio de pago de só 8,2 días

O 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, o 10% de hospedaxe, o 3,6 % axencias de viaxe e o 0,4% discotecas e salas de festas

A meirande parte das solicitudes proveñen da Coruña (825), Santiago (487), Ferrol (231), Narón (88), Carballo (65), Fisterra (57) e Arteixo (56)

Tres mil pequenos negocios de hostalaría e axencias de viaxe recibirán 4,5 millóns de euros en axudas do PEL-REACTIVA da Deputación da Coruña

Preto de 3.000 pequenos negocios de hostalaría, hospedaxe, ocio nocturno e axencias de viaxe da provincia da Coruña recibirán 4,5 millóns de euros en axudas do programa REACTIVA da Deputación da Coruña

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo, compareceron esta mañá en rolda de prensa para dar a coñecer os resultados deste segundo plan REACTIVA da Deputación, deseñado especificamente para apoiar e impulsar a reactivación destes sectores, que están entre os máis afectados pola pandemia da Covid-19.

González Formoso destacou que das 3.000 solicitudes rexistradas, un 85 % (2.530) xa están pagadas a día de hoxe. "Todas as axudas, incluídas as das empresas das grandes cidades, foron tramitadas directamente pola Deputación cun tempo medio de pago de 8,2 días. Un auténtico récord para calquera administración que se debe ao gran traballo do departamento de Promoción Económica e Emprego", afirmou o presidente, que detallou que a vindeira semana estarán pagadas o 100% das axudas.

O presidente subliñou que os plans REACTIVA da Deputación suman no último ano 25 millóns de euros en axudas directas aos sectores máis afectados pola pandemia e supoñen "unha aposta importante pola reactivación económica da provincia"

No caso das axudas á hostalaría, alcanzarán os 4,5 millóns de euros; polo que as economías do orzamento "seguiremos dedicándoas á creación de emprego, tanto nas vilas pequenas coma nas cidades", explicou González Formoso.

Pola súa banda, José Ramón Rioboo, destacou tamén o investimento histórico que está a facer a Deputación na área de Emprego durante o último ano. " A pandemia fixo que nos reiventaramos para destinar preto de 25 millóns de euros á reactivación da provincia".

O deputado de Emprego explicou que as axudas son de 1.500 euros por negocio e que o 86% dos beneficiarios son bares e restaurantes, seguidas das empresas de hospedaxe (10%) e axencias de viaxe (3,6%) Por último, soamente 11 salas de festa e discotecas presentaron solicitude ás axudas de PEL-Reactiva II, o que supón o 0,4% do total.

No referente á distribución por concellos, e meirande parte dos solicitantes teñen o seu domicilio fiscal en A Coruña (825) , Santiago (487), Ferrol (231), Narón (88), Carballo (65), Fisterra (57) e Arteixo (56).

En canto á distribución de solicitudes por comarcas, a comarca da Coruña é a que máis solicitudes presentou, un total de 1.169 por importe de 1.753.500 euros, seguida da comarca de Santiago con 808 solicitudes por importe de 1.212.000 euros, e da de Ferrol con 526 por importe de 789.000 euros.

En resumo, as 3.010 solicitudes recibidas por parte de hostaleiros e axencias de viaxe da provincia supoñen un importe solicitado de axudas de máis de 4,5 millóns de euros.

DATOS DAS AXUDAS Á HOSTALARÍA ( REACTIVA 2) POR CONCELLOS

Concello

Presentadas

Concedidas

ABEGONDO

4

3

AMES

50

41

ARANGA

2

1

ARES

23

20

ARTEIXO

62

41

ARZÚA

27

24

BAÑA, A

8

5

BERGONDO

5

5

BETANZOS

28

23

BOIMORTO

1

1

BOIRO

16

15

BOQUEIXÓN

7

6

BRIÓN

10

9

CABANA DE BERGANTIÑOS

4

3

CABANAS

7

7

CAMARIÑAS

9

8

CAMBRE

32

22

CAPELA, A

3

3

CARBALLO

68

60

CARIÑO

5

3

CARNOTA

17

14

CARRAL

12

9

CEDEIRA

19

17

CEE

18

15

CERCEDA

8

7

COIRÓS

5

5

CORCUBIÓN

10

10

CORISTANCO

7

7

CORUÑA, A

836

700

CULLEREDO

47

30

CURTIS

13

10

DODRO

7

7

DUMBRÍA

11

10

FENE

17

13

FERROL

242

210

FISTERRA

57

52

IRIXOA

1

1

LARACHA, A

16

13

LAXE

13

12

LOUSAME

6

6

MALPICA DE BERGANTIÑOS

11

11

MAÑÓN

9

9

MAZARICOS

11

10

MELIDE

23

23

MESÍA

5

4

MIÑO

21

19

MOECHE

2

1

MONFERO

3

3

MUGARDOS

14

10

MUROS

30

28

MUXÍA

12

9

NARÓN

88

74

NEDA

8

5

NEGREIRA

12

12

NOIA

24

21

OLEIROS

58

44

ORDES

22

21

OROSO

6

6

ORTIGUEIRA

15

11

OUTES

16

15

OZA-CESURAS

7

6

PADERNE

3

3

PADRÓN

15

12

PINO, O

16

14

POBRA DO CARAMIÑAL, A

9

8

PONTECESO

7

6

PONTEDEUME

30

29

PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS

16

16

PORTO DO SON

14

9

RIANXO

7

6

RIBEIRA

53

29

ROIS

4

4

SADA

21

18

SAN SADURNIÑO

4

4

SANTA COMBA

23

20

SANTIAGO DE COMPOSTELA

495

449

SANTISO

1

1

SOBRADO

5

4

SOMOZAS, AS

2

2

TEO

43

36

TOQUES

3

2

TORDOIA

3

3

TOURO

8

7

TRAZO

4

4

VAL DO DUBRA

9

7

VALDOVIÑO

18

16

VEDRA

11

11

VILARMAIOR

1

1

VILASANTAR

2

1

VIMIANZO

11

9

ZAS

10

9

TOTAL

2978

2530

 

 

 

FORA DA PROVINCIA

 

 

BAIONA

1

 

CHANTADA

8

 

PONTEVEDRA

2

 

LUGO

1

 

BARCELONA

1

 

OURENSE

1

 

SILLEDA

2

 

VIGO

1

 

CALDAS DE REIS

1

 

BEMBIBRE

1

 

A ESTRADA

1

 

VALGA

1

 

Páxinas suxeridas