Estás en:Atención á Cidadanía Preguntas Frecuentes Preguntas Frecuentes sobre a Sede Electrónica

Preguntas Frecuentes sobre a Sede Electrónica

A administración electrónica é unha nova modalidade de relación co cidadán, que consiste na posibilidade de realizar servizos e trámites a través da sede electrónica da Deputación da Coruña. As aplicacións e sistemas de información permiten ao cidadán acceder á información e servizos da súa competencia, presentar solicitudes, reclamacións, queixas, suxerencias e recursos.

É aquela dirección electrónica dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha administración pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias, de conformidade coas disposicións do artigo 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

A Deputación provincial da Coruña pon ao dispor dos interesados unha serie de trámites e procedementos que se poden realizar a través da súa sede electrónica, sempre que os mesmos vaian dirixidos a servizos da propia Deputación, entre os que destacan:

• Presentación de solicitude xeral.
• Entrega de documentación complementaria correspondente a procedementos existentes
• Solicitudes de admisión/participación en probas selectivas.
• Presentación recursos administrativos e de reclamacións, queixas e suxerencias.
• Outros ( Exercicio de dereitos sobre vos datos de carácter persoal, etc.)

Non. Os cidadáns accederán á páxina de inicio das sedes sen necesidade de identificación, pero sempre se esixirá a autenticación do usuario para acceder aos trámites electrónicos, a través da páxina principal da sede.

Si. Segundo o artigo 11.2 da lei 39/2015 é obrigatoria a firma por parte dos interesados para:

a) Formular solicitudes.
b) Presentar declaracións responsables ou comunicacións..
c) Interpoñer recursos.
d) Desistir de accións.
e) Renunciar a dereitos.

O artigo 11.2 da lei 39/2015, establece que as Administracións Públicas só requirirán aos interesados o uso obrigatorio de firma para: a) Formular solicitudes, b) Presentar declaracións responsables ou comunicacións, c) Interpoñer recursos, d) Desistir de accións e e) Renunciar a dereitos. Cando o escrito que se queira presentar atópese comprendido nalgún dos casos anteriores esixirase firma e deberá ser electrónica.

 

A plataforma que dá soporte á sede electrónica cumpre cos requisitos legais, técnicos e funcionais que garanten a autenticidade, integridade, dispoñibilidade, confidencialidade e non repudio, polo que, a efectos legais, terá a mesma validez presentar un documento na sede electrónica que facelo presencialmente nas oficinas de rexistro.

Ao asinar os documentos dixitalmente garántese a autenticidade e a integridade, demostrable se se realiza a validación da firma.

Ademais, a selaxe de tempo dos documentos presentados telemáticamente permite demostrar que o documento foi asinado no instante que se indica no selo de tempo e non noutro.
En efecto, a sede electrónica permite realizar trámites todos os días do ano durante as 24 horas, con todo cando se realiza un trámite en día inhábil (establecido no calendario oficial da sede) a data de validez do trámite será a do día seguinte hábil.