Estás en:Contratación Xornada "A lei de contratos do sector público cinco anos despois"

Xornada "A lei de contratos do sector público cinco anos despois"

Luns, 13/03/2023

Teatro Colón (A Coruña)

Organiza : DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA - Área de Contratación e Patrimonio

Destinatarios: Persoal das administracións públicas, cargos electos, arquitectos, enxeñeiros, abogados, economistas, empresarios, estudantes, opositores e persoas interesadas en xeral

Inscrición gratuíta

Transcorreron cinco anos desde que o 9 de marzo de 2018 entrase en vigor a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. A Deputación provincial da Coruña pretende nesta xornada analizar a experiencia derivada da súa aplicación e reflexionar sobre os seus aspectos positivos pero tamén sobre aquelas cuestións que poidan ser obxecto de mellora, considerando a importancia que ten a contratación Pública como instrumento de dinamización da economía, a creación de emprego e a utilización dos criterios ambientais, sociais e éticos no marco da contratación estratéxica.