Estás en:Deporte Campaña de Neve 2022

Campaña de Neve 2022

IMPORTANTE

Para participar na campaña será imprescindible presentar:

  • Certificado vacinación COVID, que se achegará co xustificante de aboamento da cota de inscrición.
  • No caso de non ter o certificado de vacinación, certificado do test de antíxenos negativo nas últimas 48 horas anteriores á data de saída, que se enviará á Deputación antes das 14.00 h do xoves anterior ao día de saída.

INFORMACIÓN XERAL

TELÉFONOS DE INTERESE:

  • BUS 1: tel. 605 232 245 (de cada quenda)
  • BUS 2: tel. 658 431 241 (de cada quenda)
  • Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 686 654 060
  • Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: 981 080 878

DESTINATARIOS: Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 12 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2021. Terán preferencia os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña de Inverno/Neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN E CONTA BANCARIA: 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se indica nos datos de pago, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e "Campaña de neve 2022".

PRAZO INSCRICIÓN NO TEU CONCELLO: Dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021.
A inscrición debe estar asinada polo pai e a nai, ou se é o caso,polo titor/a.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

QUENDAS CONCELLOS
1ª QUENDA
(do 14/01/2022
ao 17/01/2022)
Cabana de Bergantiños, Carballo, Carnota, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxia, Ponteceso, Santa Comba, Tordoia, Vimianzo, Zas
2ª QUENDA
(do 21/01/2022
ao 24/01/2022)
Ames, Boiro, Brión, Dodro, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois
3ª QUENDA
(do 28/01/2022
ao 31/01/2022)
Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón,
Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra
4ª QUENDA
(do 4/02/2022
ao 7/02/2022)
Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Sada
5ª QUENDA
(do 11/02/2022
ao 14/02/2022)
Abegondo, Aranga, Ares, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Coirós, Curtis, Irixoa, Melide, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior, Vilasantar
6ª QUENDA
(do 18/02/2022
ao 21/02/2022)
A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño

ENTIDAD: ABANCA

IBAN:ES30 2080 5490 6430 4014 5379

TITULAR: NAUTALIA VIAJES, S.L.

Nota: en "concepto" poñer só o nome e apelidos do neno/a participante e o do concello.

  • Gorro.
  • Guantes.
  • Gafas de esquí e de sol.
  • Anorak térmico.
  • Pantalón impermeable ou similar.
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
  • Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.
  • Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
  • Pixama, roupa interior.
  • Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.

O aloxamento será na propia Estación de Valgrande-Paxares, en Albergues a pé de pista, en réxime alimenticio de pensión completa,  almorzo, comida e cea) dende o xantar do venres ata o xantar do luns (ambos os dous incluídos), polo que todos os gastos están cubertos.

Non é necesario que o neno/a leve cartos (agás que fose desexo dos pais para pequenos gastos: refrescos, auga, etc.). De levalos, deberán ter en conta que a entidade organizadora non se responsabilizará deles.

Se a/o participante estivese en tratamento médico ou padecese algunha alerxia que se teña que ter en conta, deberá presentar informe médico coas pautas do medicamento e deberá cubrir o impreso que está cargado nesta web para poder entregarllo ao/á monitor/a na saída, xunto co medicamento:
A administración de medicamentos realizaraa o persoal sanitario. Se se presentan casos como febre, dor de cabeza, golpes, caídas, ... que requiran algunha pomada ou medicamento para esta situación concreta, informarase ao/á pai/nai/titor/a legal para a súa autorización.

O programa diario será o seguinte (programa tipo e horario orientador que poderá variar en función das condicións climatolóxicas ou do desenvolvemento das actividades):
Almorzo ás 08:45 h.
De 10.00 h a 13.00 h, clases de esquí
De 13.00 h a 13.45 h, esquí libre
14:00 h, xantar.
De 15:30 a 16.30 h, clases de esquí
De 17:00 a 19.00 h, actividades deportivas e de tempo libre.
De 19:30 a 20:30, ducha / tempo de chamadas
20:45 h, cea.
De 22:00 a 23:30, velada
En caso de ausencia de neve, a actividade de esquí será substituída por outra/s xa prevista/s

As nenas e nenos que leven teléfono móbil deben identificalo na parte traseira do terminal cun adhesivo co seu nome, xa que o monitorado retirarallo cando cheguen á estación.

Establécese o horario de 19:30 a 20:30 horas para que poidan chamar a nenos/as. O monitorado entregaralles os móbiles para que poidan realizar e recibir  chamadas.

Para quen non leve móbil, as nais e os pais terán ao seu dispor os móbiles do monitorado que se indican deseguido, para poder falar co/a neno/a no horario indicado:

  • BUS 1: tel. 605 232 245 (de cada quenda)
  • BUS 2: tel. 658 431 241 (de cada quenda)

No caso de chamar a través do móbil do monitorado, solicitamos brevidade.
Teña en conta que por tratarse dunha estación de montaña podería haber deficiencias na cobertura móbil.

Na viaxe de volta, entregaránselle os móbiles de seu.

Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de emerxencias 24 horas para casos urxentes: 686 654 060

Pais/nais/titor/a teñen ao seu dispor un teléfono de información xeral, en horario de luns a venres de 9.30h a 13.30: 981 080 878

Está incluído un seguro con cobertura de asistencia médica ilimitada en centros concertados e cun tope de 3.000€ en centros alleos, traslado de enfermos e feridos, responsabilidade civil, indemnización por falecemento e invalidez.

En caso de accidente, o persoal sanitario a cargo encargarase de dar a primeira asistencia ao neno/a. En caso de ser necesario, será trasladado a un centro médico. En todo momento o pai/nai/titor/a e a Deputación serán informados tanto do contratempo como da súa evolución. O neno/a estará sempre acompañado dun/dunha monitor/a.
A cobertura do seguro é válida unicamente durante a duración da viaxe.

Non están permitidas as visitas a nenas/os durante a súa estadía. Se por algunha circunstancia grave algún neno/a ten que abandonar a estación, deberá sernos comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/representante legal no impreso correspondente.

Por razóns de organización e control, non é posible o cambio do autobús asignado.

A cota de 85€ non se reembolsará, agás imposibilidade de iniciar a participación na campaña por enfermidade grave e con xustificación documental previa desta (enténdese por enfermidade grave, a alteración da saúde, constatada por un profesional médico, que implique hospitalización ou necesidade de gardar repouso, e que implique o cesamento de calquera actividade).

Se por algunha circunstancia algún neno ou nena ten que abandonar a estación, deberá ser comunicado por escrito e coa sinatura do seu pai/nai/titor o impreso que está cargado nesta web

A web irá actualizándose con fotos das diferentes actividades.