Estás en:Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica Medio Ambiente Unha eclipse total: 12 de agosto de 2026

Unha eclipse total: 12 de agosto de 2026

O 12 de agosto de 2026, a última hora da tarde, temos a posibilidade histórica de vivir un evento que non se produce en Galicia dende 1912 e que non se repetirá ata 2180.

ATENCIÓN! NON MIRES DIRECTAMENTE AO SOL durante a parcialidade sen a protección ocular axeitada, para evitar danos permanentes na vista.

USO DE LENTES HOMOLOGADAS

Observación SEGURA da eclipse

O uso de lentes de eclipse é obrigatoria se miramos ao Sol durante a fase de parcialidade

  • Debemos poñer as lentes primeiro e logo mirar ao Sol, non ao revés.
  • De cada vez que observemos coas lentes, non é recomendable facelo máis de 20 segundos seguidos.
  • Durante a totalidade, e exclusivamente nese tempo, podemos observar sen lentes e así ver a corona solar e as protuberancias.

Unha eclipse total de Sol é un fenómeno espectacular e abraiante que debemos disfrutar, pero sendo conscientes de onde, cando e como facelo.

  • Acude á zona de totalidade se é posible, a experiencia e moito máis atractiva que na zona de parcialidade.
  • Ten claro que na zona elixida non hai obstáculos no horizonte oeste, pois o Sol non estará moi alto.
  • Procura estar con tempo de marxe no lugar elixido.
  • Leva todo o necesario, pois posiblemente botes varias horas na zona de observación.
  • Infórmate con antelación e con fontes axeitadas do que vas ver e cando son os momentos clave.
  • Usa sistemas de observación segura cando mires directamente ao Sol na fase de parcialidade.
  • Exclusivamente no momento da totalidade podemos mirar sen protección ocular.
  • Goza da visión da paisaxe mentres o Sol vai sendo ocultado para ver os cambios no ambiente.
  • Respecta a natureza, non alteres o medio e deixa todo limpo antes de marchar do lugar de observación.



A órbita da Lúa está inclinada 5.1° con respecto á órbita da Terra entorno ao Sol, por iso só hai eclipses se a Lúa está aliñada co Sol vista dende a Terra e ademais no punto de corte de ambos planos

Ligazóns de interese:

https://theeclipse.app/es
Aplicación web con información local detallada. Ideal para consultar horarios precisos en calquera lugar

https://www.trioeclipses.es
Páxina oficial con información sobre os tres próximos eclipses solares na península ibérica

https://eclipse262728.es
Páxina con información sobre os tres próximos eclipses solares na península ibérica