Estás en: Xa van trinta

 

Descobre o Pazo Provincial

Sabías que a sede da Deputación da Coruña foi o "Hotel Embajador"? Lembras bailar en "La Parrilla"? Estas e outras moitas historias espéranche no Pazo Provincial

Deputación Provincial da Coruña. Historia entre catro paredes.

O Pazo Provincial, sede da Deputación da Coruña, celebra dobre aniversario. Este edificio inaugúrase en 1948 como o xa desaparecido "Hotel Embajador" e o actual "Teatro Colón". No ano 1987 foi inagurado como sede da Deputación da Coruña e comeza a súa actividade provincial corenta anos despois da súa construcción, no ano 1988.

Descobre as historias que esconde este edificio, onde se aloxaron moitas personalidades da época, houbo unha sala de festas, foi a sede da compañía "Ballet Gallego Rey de Viana" e posteriormente Pazo Provincial tras unha impresionante reforma.

Síguenos en: logo facebook pequeno.png  logo23x19.png #xavantrinta