Estás en:Lingua Un outono cheo de letras

Un outono cheo de letras

Un outono cheo de letras 2024.jpg

Un outono cheo de letras é unha campaña de dinamización lingüística destinada á promoción do libro e da lectura en galego arredor do Día das Bibliotecas.

A campaña ten dous obxectivos fundamentais:

- Fomentar a lectura e os libros en galego e a importancia destes no desenvolvemento das persoas.

- Apoiar o sector do libro galego e darlles visibilidade aos seus múltiples axentes: escritoras e escritores, editoras, librarías, deseño e ilustración, imprentas etc.