Estás en:Novas

Oleiros acolleu as probas de atletismo en pista “Deputación da Coruña”

O INEF de Bastiagueiro foi o escenario dunha nova sesión das probas de atletismo en pista para menores de 12 anos nas categorías de sub-10 e sub-12, na que participaron 12 clubs da provincia

Oleiros acolleu as probas de atletismo en pista “Deputación da Coruña”

O INEF de Bastiagueiro (Oleiros) acolleu hoxe as probas de atletismo en pista para menores de 12 anos do circuíto que organiza a Deputación da Coruña para este ano 2021 e que se estenderán durante o mes de decembro.

Nesta terceira xornada participaron 12 clubs da provincia e máis de 400 nenos e nenas.

A deputada de Deportes, Cristina Capelán, saudou aos pequenos atletas e destacou a alta participación que están rexistrando as diferentes probas deste circuíto ao logo da provincia, co que a Deputación pretende "impulsar o deporte galego desde a base".

A probas desenvolvéronse nas categorías sub-10 (nados en 2012 e 2013) e sub-12 (nados en 2010 e 2011) e consistiron en carreiras (50, 500 e 1.000 metros), salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.

Os tres primeiros atletas de cada categoría e proba con máis puntuación recibiron un trofeo.

Defensa persoal feminina en Culleredo

Cristina Capelán participou tamén esta mañá na entrega de diplomas ás participantes no curso de defensa persoal feminina celebrado no pavillón polideportivo Sofía Casanova de Culleredo.

As participantes aprenderon técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal: como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.

Páxinas suxeridas