Estás en:Novas

#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (9ª ed.)

#hoxeescriboen: Relatos e fotografías dos concellos da Coruña (9ª ed.) Xa está aquí o concurso de verán para todas as persoas lectoras da provincia da Coruña! Saca a túa creatividade á rúa e móstranos o teu concello dun xeito orixinal, poderás gañar unha estancia de dúas noites con almorzo incluído para dúas persoas nun establecemento do tipo cabanas rurais da provincia da Coruña. Ademais, tamén haberá un segundo e terceiro premio, que serán similares ao primeiro pero con estancias dunha noite. Por outra banda, sortearanse lotes de libros e produtos da provincia entre todas as persoas participantes. Desde a Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación da Coruñaqueremos animarte a que escribas e saques á luz o teu talento creativo, ao mesmo tempo que fomentas o patrimonio do teu concello: redacta un relato ambientado ou referido ao concello no que vives, pode estar relacionado coa historia local, con unha lenda, con unha tradición do teu concello, con un persoeiro destacado, cos valores positivos do teu concello, a riqueza natural, cultural ou medioambiental… calquera aspecto que axude a destacar o lugar no que vives. Presume do teu concello! Envía un relato cunha extensión de entre 500 e 2.000 palabras, escrito a dobre espazo con letra Times New Roman, en corpo 12, tamaño DIN-A4 e a unha soa cara, nun arquivo .doc, .docx ou .odt. O texto acompañarase dunha fotografía en formato .jpg cun tamaño máximo de 3 MB, relacionada co contido do relato e localizada no concello do participante e no que se ambienta o relato. Poderá ter un pé de texto explicativo cun máximo de 10 palabras. Envía o teu relato con foto ao correo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal, co teu nome e apelidos, concello da provincia desde o cal participas e no cal se ambienta o relato e a fotografía, un teléfono de contacto e un enderezo postal. Podes enviar cantas participacións queiras, pero cada unha ten que ir nun correo electrónico separado. O prazo de presentación é entre o 1 de xullo e o 31 de agosto. En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e fallarán os premios. A entrega dos premios farase nun acto público na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña (salvo causas de forza maior), e os lotes de libros e produtos da provincia a sortear por cada concello serán enviados por correo postal ao enderezo que a persoa participante sinale no correo electrónico no que remita o relato e fotografía.Consulta as bases completas con atención antes de participar!Bases completas do concursoTríptico #HOXEESCRIBOEN 2021