Estás en:Novas

Obradoiros de Pintura

Obradoiros de Pintura Chega o Nadal, e con él os talleres de pintura, para nenos e nenas de 9 a 14 anos, impartidos por Luisa Valdés. Unha semana a elixir: Semana 1: días 27, 28, 29 e 30 de decembro Semana 2: días 3, 4, 5 2 e 7 de xaneiro En horario de 11:00 a 13:00 h na Sala Manuel López (semisoto). O prazo de inscrición comeza o xoves 16 de decembro.

NORMAS DE INSCRICIÓN (Ler con atención)

  • Poden inscribirse socios/as co carné vixente, polo que se debe comprobar días antes na Biblioteca a vixencia do carné.
  • A inscrición será na páxina web www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado Actividades, premendo en Inscrición no taller de pintura. Hai que aportar todos os datos correctamente e elixir a semana correspondente. A páxina web activarase o 16 de decembro ás 10:30 h da mañá.
  • Só se pode enviar unha solicitude por cada neno ou nena, agás irmáns que queiran solicitar a mesma semana.
  • O correcto envío da solicitude non implica a consecución dunha praza. A Biblioteca poñerase en contacto con todos os solicitantes que obtiveron praza na actividade.
Para calquera dúbida coa inscrición, chamar ao 981 080 171 ou escribir a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.

NORMAS DE ASISTENCIA

  • Os cursos son  totalmente gratuítos. Por iso debemos estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.
  • Levarase un control de asistencia. As faltas aos obradoiros teranse en conta para a asistencia aos próximos cursos.
  • No caso de faltar o primeiro día da semana, cubrirase a praza coa listaxe de espera. A falta de asistencia implica a perda de praza.
  • Rógase puntualidade.
*A biblioteca levará a cabo todas as medidas sanitarias de obrigado cumprimento, fronte á crise sanitaria do virus SARS- CoV-2. Con esta finalidade poderán ser obxecto de modificación en función da evolución da situación sanitaria. *O uso de máscara é obrigatorio durante toda a actividade. Programa completo da actividade: Programa Obradoiro de Pintura no Nadal 2021. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña