Estás en:Novas

A Deputación inviste 390.000 euros en renovar o firme da DP-2045 de Cerceda a Mesón do Vento

O proxecto, que vén de saír a licitación, inclúe a limpeza de beiravías, a pavimentación da estrada e a renovación da sinalización vertical e horizontal

O prazo para presentar ofertas remata o 14 de marzo

A Deputación inviste 390.000 euros en renovar o firme da DP-2045 de Cerceda a Mesón do Vento

A Deputación da Coruña vén de publicar no perfil de contratante a licitación do proxecto para a mellora do firme na DP-2405, de Cerceda a Mesón do Vento (Concello de Ordes), que conta cun orzamento de 390.908,73 euros.

As obras, que se realizarán ao longo de 3,4 quilómetros do PQ 1+700 ao 5+170, inclúen o despexe e limpeza de beiravías e cunetas polas dúas marxes da estrada, fresado e reposición do firme nas zonas deterioradas, estendido dunha capa de 6 centímetros de mestura asfáltica en quente, instalación dunha barreira de seguridade tipo bionda e, por último, a renovación da sinalización vertical e horizontal en todo o tramo.

O prazo para presentar ofertas remata o 14 de marzo e o prazo de execución dos traballos desde o seu inicio é de 5 meses.