Estás en:Novas

Xa é Nadal na Biblioteca!

Xa é Nadal na Biblioteca!

Esta semana xa é Nadal! A decoración, as luces, os recunchos temáticos, as actividades... todo indica que xa estamos en plena etapa de Nadal, así que aquí vos deixamos varias propostas que poderes atopar na Biblioteca para gozar destas datas cun espírito festivo.

Felicitación de Nadal

Amosámosvos a nosa particular felicitación de Nadal feita a partir de títulos de libros que poderedes atopar na Biblioteca. Bo Nadal!

[embed]https://www.youtube.com/watch?v=Uci9utRtytY[/embed]

Horario especial

Aproveitamos para lembrarvos o horario especial de Nadal:

Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro:

  • Luns a venres de 8:30 a 14:00 e de 15:00 a 20:30 h
  • Días 24 de decembro, 31 de decembro, 6 de xaneiro e festivos pechado

Obradoiro de Nadal

O venres 17 de decembro tivo lugar o Obradoiro de Nadal para nenos e nenas de 7 a 12 anos, mirade qué decoración tan bonita fixeron:

Recunchos temáticos na EbiblioDaCoruna

Deixámovos dúas propostas na EbiblioDacoruna: por un lado, unha selección de contos, novelas e outra ficción inspirada ou ambientada no Nadal:

E por outra banda, para remtar o ano, recomendacións de lecturas que forman parte do mellor que se publicou no 2021. Imposible que estén todos, pero tes moito onde elixir:

Películas e música de Nadal

Na Sala de lectura 1 no primeiro andar da Biblioteca atoparedes unha selección de música e películas ambientadas no Nadal, na neve, no inverno... hai moito onde elixir para pasar unhas cantas sesións de cine!

Recomendacións da Biblioteca Infantil e Xuvenil

A proposta da sección Infantil e Xuvenil para estes días é... un premio para ti! Pois sí, porque ten todas estas recomendacións de libros que recibiron premios literarios recentemente, polo que trátase de litratura da mellor calidade. Cal vas ler? Preme na imaxe máis abaixo ou descarga a selección premendo aquí: Un premio polo Nadal

 

Obradoiros de plastilina

Nestas datas nos obradoiros de plastilina impartidos por Ana Tenreiro fan bonecos ambientados no Nadal. Mirade por exemplo esta preciosidade!

Pois nestas datas de Nadal podes vir aos obradoiros que hai todos os días polas tardes:

  • Datas: Decembro: días 20, 21, 22, 23; 27, 28, 29 e 30. Xaneiro: días 3 e 4
  • Horario: de 18:00 a 19:30 h
  • Idade: 4, 5 e 6 anos
  • Prazas: 8

A entrada é libre ata completar as prazas. Achégate e participa!

Cada neno ou nena deberá estar en compañía dunha persoa adulta

É obrigatorio o uso de máscara

Propostas da BBTK Infantil

Desde a BBTK Infantil temos varias propostas, comezando pola carta aos Reis Magos...

Seguindo un marcapáxinas de Nadal...

E finalizando con esta felicitación...

Decoración de Nadal

Xa están colocadas as dúas árbores de Nadal da Biblio, a da entrada e a do segundo andar. Moi fotoxénicas! E moitos outros detalles que dan un ambientazo na Biblio. Agardamos que vos gusten!