Estás en:Novas

EBIBLIODACORUNA: a biblioteca dixital da Deputación para as bibliotecas municipais da Coruña no ano 2021

EBIBLIODACORUNA: a biblioteca dixital da Deputación para as bibliotecas municipais da Coruña no ano 2021

mosamos nesta entrada un pequeno resumo do uso da Biblioteca Dixital da Deputación da Coruña ao longo do ano 2021.

A BIBLIOTECA DIXITAL EBIBLIODACORUNA é a plataforma gratuita de préstamo electrónico dispoñible para todos os usuarios das bibliotecas municipais da Provincia e da propia da Deputación.

O catálogo é un repositorio vivo e dinámico, con incorporacións mensuais e atención ás desideratas, que poden os usuarios dentro da plataforma ou da APP.

Fornatos de lectura na ebibliodacoruna no 2021
A día de hoxe, a biblioteca conta cos seguintes recursos: preto de 6000 libros electrónicos, case 300 audiolibros, 29 revistas, 16 xornais, podcast, contido educativo, ...

Neste 2021 incrementouse considerablemente o formato dos audiolibros, xa que é un novo formato editorial e moi demandado polos novos usuarios, incorpóranse novas licenzas para libros electrónicos e pola conta non temos material audiovisual nin musical.

Formatos de lectura na ebibliodacoruna
No ano 2021 notamos un aumento considerable dos xornais, as revistas e os audiolibros, case a metade dos préstamos son neste formato

Préstamos
No ano 2021 a EBIBLIODACORUNA tivo máis de 25.000 préstamos; un 35 % máis que o ano 2020.

Formas de lectura
A descarga segue en ADOBE sigue sendo o modelo máis demandado de lectura.

Dispositivos de lectura
O dispositivo de lectura máis usado polos usuarios é o móbil, seguido do PC e das tabletas.

Le sen ter que desprazarte á biblioteca, desde tabletas, teléfonos intelixentes, computadores persoais ou lectores de libros electrónicos compatibles con DRM de Adobe.

Páxinas suxeridas