Estás en:Novas

Inscrición no taller de robótica de programación con BBC micro: bit

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 12 anos.

BBC micro: bit é unha pequena tarxeta de 4×5 cm deseñada para que aprender a programar sexa fácil, divertido e ao alcance de todos.  Grazas á gran cantidade de sensores que incorpora, só coa tarxeta pódense levar a cabo centenares de proxectos.

10 sesións de 1,5 horas cada unha.

Horario: de 10:30 a 12:00

Lugar: Sala Manuel López

Prazas: 12

Datas do curso: os sábados

  • Marzo: 12, 19 e 26
  • Abril: 2, 9, 23 e 30
  • Maio: 7, 21 e 28

Data de inscrición: comeza o 7 de marzo ás 10:30 h da mañá na web da biblioteca www.dacoruna.gal/biblioteca, no apartado Actividades, seleccionando Inscrición nas actividades TIC, e logo elixindo na inscrición Taller de Robótica e Programación con BBC micro: bit (ter o carné de biblioteca á man).

Nuns días tras a inscrición, ás persoas que obtivesen a praza comunicaráselles por correo electrónico. Crearanse listaxes de agarda coas persoas non admitidas.

Os cursos son de balde polo que hai que estar concienciados do importantísimo que é o compromiso e a asistencia dos nenos/as á actividade todos os días.

Consulta a información completa aquí: Taller de robótica e programación con BBC micro: bit