Estás en:Novas

EbibliodaCoruna Club Lector: Poetízate

Estaremos lendo o libro «Poetízate» de Fran Alonso no club «Arredor dos libros», a partir do 21 de marzo, Día da Poesía. Se es usuario/a da EbibliodaCoruna, identifícate AQUÍ co teu usuario e contrasinal (se non, date de alta AQUÍ). Desde o propio club podes tomar en préstamo o libro (a partir do día que comeza a lectura, o 21 de marzo) e comentar, citar, chatear co resto de participantes… guiado por unha profesional con moitos anos de experiencia.

 

«A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate.»

 

Como di Manuel Rivas na benvida que nos dedicou, compartir os libros é compartir os soños.

Non é preciso inscrición previa no club para poder participar. Accede libremente desde calquera lugar a calquera hora.

Máis información sobre o funcionamento do club AQUÍ.