Estás en:Novas

A Deputación financia con 301.227 euros a contratación de socorristas en praias fluviais e piscinas en 44 concellos

As achegas van dun mínimo de 4.918 a un máximo de 9.900 euros e diríxense aos municipios do interior da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes

Financiaranse con estes importes os traballos a realizar, soldos e Seguridade Social

A Deputación financia con 301.227 euros a contratación de socorristas en praias fluviais e piscinas en 44 concellos

O Aquapark de Cerceda é unha das instalacións que contarán con socorristas da Deputación

A Deputación da Coruña destina 301.227 euros para financiar os programas de socorrismo en praias fluviais e piscinas municipais en 44 concellos da provincia para este 2022.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a resolución da concesión definitiva destas achegas, a través as que a Deputación dá apoio aos municipios do interior da provincia cunha poboación inferior aos 50.000 habitantes.

Un total de 44 Concellos serán os beneficiarios das axudas, que irán dun mínimo de 4.918 euros e un importe máximo de 9.900 euros, coas que se financiarán gastos de contratación de socorristas, directamente ou mediante externalización do servizo, nas piscinas e praias fluviais por un prazo máximo de tres meses. Financiaranse así os traballos a realizar, os soldos dos empregos e empregadas e a Seguridade Social.

O deputado de Promoción Económica, Blas García, explicou que o programa, que se convoca cada ano, contribúe a xerar emprego durante a época estival e a manter a seguridade das persoas usuarias das piscinas públicas e praias fluviais da provincia da Coruña.

Acceso ao BOP con toda a información:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/05/06/2022_0000002481.pdf