Estás en:Novas

A Deputación adxudica por 174.00 euros á mellora da seguridade viaria na DP-1603 entre Porto Cereixo e Tufións, en Vimianzo

A Deputación adxudica por 174.00 euros á mellora da seguridade viaria na DP-1603 entre Porto Cereixo e Tufións, en Vimianzo

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 174.056,78 euros as obras de mellora da seguridade viaria da estrada provincial DP-1603, no tramo que conecta os lugares de Porto Cereixo e Tufións (PK 1+315 - PK 2+865), no termo municipal de Vimianzo.

Na actualidade a capa de rodaxe desta estrada atópase en mal estado polo que a administración provincial atendeu a demanda do Concello para renovar o firme nun tramo de case dous quilómetros de lonxitude.

Previamente ás operacións de pavimentación, levaranse a cabo a apertura de cunetas, así como a limpeza das beiravías. Instalaranse ademais barbacás nos pasos de peóns, dotándoos de mellores condicións de accesibilidade, e procederase ao repintado das marcas viais e á reposición da sinalización horizontal e vertical.

O tempo estimado de realización dos traballos é de catro meses a partir do inicio das obras, que contribuirán a mellorar as condicións de circulación e a seguridade viaria na zona.