Estás en:Novas

A Deputación da Coruña entrega cinco vehículos a entidades sociais da provincia

Fundación Érguete, Fogar de Sor Euesebia, APEM Coruña, Asociación Intinera e Cáritas Diocesana de Santiago contan con novos vehículos cedidos pola institución provincial

A Deputación da Coruña entrega cinco vehículos a entidades sociais da provincia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, e o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, entregaron hoxe cinco vehículos destinados a outras tantas entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

A Fundación Érguete, o Fogar de Sor Eusebia, a Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) da Coruña, a Asociación Itinera e Cáritas Diocesana de Santiago recibiron hoxe as súas novas furgonetas. A elas sumaranse nunhas semanas a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños e a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual-ASPAS, , que tamén recibiron un vehículo nesta convocatorio, pero aínda non está dispoñible.

Cun investimento total de 187.000 euros, a Deputación destinou entre entre 23.000 e 40.000 euros para a adquisición de cada un destes vehículos "que son unha demanda importante deste tipo de entidades sociais, xa que permiten o transporte diario dos seus usuarios e usuarias aos centros de día e centros ocupacionais nos que realizan diferentes terapias e actividades", explicou o presidente Valentín González Formoso.

A deputada Ana Lamas sinalou tamén a importante labor que estes transportes desenvolven, especialmente en zonas rurais, para o transporte de persoas usuarias dos centros sociais da provincia e subliñou que a concesión realizouse en réxime de concorrencia competitiva, endo en conta para a puntuación criterios obxectivos coma a antigüedade da entidade, a calidade na atención, o número de usuarios/ que atende e a súa procedencia, etc.