Estás en:Novas

Mostra bibliográfica CORREMUNDOS

Un percorrido viaxeiro a través do cinema e dos libros 

Mostra bibliográfica CORREMUNDOS

Xa podedes desfrutar dunha nova mostra bibliográfica nas 7 vitrinas da entrada da Biblioteca: coñeceremos a grandes viaxeiros da historia, lugares afastados da Coruña, aqueles libros e albumes onde aprendemos a ler que espertaron a nosa imaxinación de cativos, cinema de acción, fantasía, intriga... onde nos fixeron soñar con ser o protagonista de aventuras no Amazonas, no deserto ou na Patagonia.

Coñeceremos tácticas de supervivencia que todo viaxeiro debe saber en situacións extremas, unha exposición en definitiva para ser gozada en familia e se vos damos ideas para o voso tempo de lecer, misión cumprida.

Podedes desfrutar da exposición na entrada da biblioteca no seu horario de apertura, e acceder á guía da mostra aquí:

Corremundos. Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.pdf

Páxinas suxeridas