Estás en:Novas

Blas García destaca en Lira o apoio da Deputación ao sector pesqueiro

Asistiu xunto co alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, á degustación dos produtos da Reserva Mariña dos Miñarzos organizada pola confraría pesqueira e o Concello

A Deputación destina 460.000 euros a potenciar e manter o emprego no pesqueiro, consciente da importancia que ten o sector para a economía da provincia e de Galicia

Blas García destaca en Lira o apoio da Deputación ao sector pesqueiro

O deputado de Promoción Económica, Blas García lembrou que a Deputación destina 18.000 euros á Confraría de Lira cunha subvención para a creación e o mantemento dos postos de traballo no sector pesqueiro local de Carnota.
García, acompañado do alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, explicou que estas axudas "permiten ás confrarías pagar os salarios dos seus traballadores", apuntou o deputado durante a degustación dos produtos da Reserva Mariña dos Miñarzos e que estivo organizada polo Concello e a Confraría de Lira.
O deputado asegurou en Lira que este ano a Deputación "concedeu máis de 460.000 euros, e aspiramos desde a área de Promoción Económica a incrementar esta cantidade, xa que o presidente, Valentín González Formoso, é consciente da importancia que ten para a economía da provincia e de Galicia un sector como o da pesca e o marisqueo", indicou.
A degustación tivo lugar na explanada do porto de Lira e na que os socios da entidade prepararon e cociñaron os produtos do propios espazo mariño protexido.
A Deputación colabora deste xeito co sector para que poida promocionar os produtos mariños destes espazos naturais para potenciar a economía local e ao sector pesqueiro da provincia.
As áreas de reservas mariñas como a de Miñarzos xorden do esforzo das confraría de Lira que asumen con responsabilidade o coidado dos recursos mariños do espazo onde pescan. O obxectivo destas axudas e permitir a estes sectores para o mantemento do traballo no sector, promocionar os peixes e mariscos procedentes da flota artesanal, protexer o medio mariño e potenciar a economía local baseada no sector pesqueiro e xestionar os seus recursos de xeito sostible.