Estás en:Novas

O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

Os equipos masculino e feminino de Boiro foron os gañadores das dúas modalidades da Bandeira, celebrada esta tarde na Enseada da Malata, en Ferrol

A deputada Ana Lamas entregou as bandeiras ás tripulacións gañadoras

O Club de Remo Cabo de Cruz gaña a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

O Club de Remo Cabo de Cruz proclamouse esta tarde gañador da Bandeira de Traíñas "Deputación da Coruña, tanto na modalidade masculina coma na feminina. A proba, que reúne cada verán os mellores clubs de remo da provincia, celebrouse este ano nas augas da enseada da Malata.

Un total de 10 clubs, con 14 equipos (8 masculinos e 6 femininos) disputaron a Bandeira, nunha espectacular competición de 3 millas naúticas que congregou a numeroso público para seguir as evolucións das embarcacións nunha cidade que conta cunha gran tradición mariñeira.

A deputada Ana Lamas foi a encargada de facer entrega das Bandeiras ás tripulacións gañadoras. A Deputación destina 24.000 euros en premios aos equipos participantes.
Ana Lamas felicitou ás gañadoras e gañadores da Bandeira 2022 e agradeceu a impecable organización do evento, a cargo da Federación Galega de Remo que preside José Manuel Seijas.

Páxinas suxeridas