Estás en:Novas

A EBIBLIODACORUNA: a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todos os concellos da provincia

EbiblioDaCoruna é a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

A EBIBLIODACORUNA:  a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todos os concellos da provincia

Coñeces a  EbiblioDaCoruna?

É a #biblioteca dixital ou #eBiblio da Deputación da Coruña para todos os lectores da provincia da #Coruña.

EbiblioDaCoruna é a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación.

Biblioteca Dixital EbiblioDaCoruna https://ebibliodacoruna.odilotk.es/

  • En 3 clics podes ler en diferentes dispositivos: móbil, tablet, e-reader ou ordenadores.
  • Libros, xornais, revistas, audiolibros, material de apoio educativo...
  • É un servizo de balde e aberto 24/7/ 365. Non hai escusa para desfrutar dunha boa lectura.

Último boletín de novidades:

Se aínda non a usas podes darte de alta en liña, anímate a usala!