Estás en:Novas

WOS Festival traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta fin de semana coa colaboración da Deputación

Doce espazos da cidade acollerán actuacións de artistas internacionais como Caterina Barbieri, Huerco S., Holy Other & Pedro Maia, Grand River & Marco Ciceri, Rafael Anton Irisarri & Florence To e mad miran, entre outros

WOS Festival traerá de novo a vangarda musical a Santiago de Compostela esta fin de semana coa colaboración da Deputación

A VI edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia ultima preparativos antes da súa celebración esta semana entre o 8 e o 11 de setembro en Santiago de Compostela. O programa está formado por numerosos concertos, con estreas a nivel nacional e internacional, dj sets, cinema e un programa de conferencias en torno a pensamento e debate.

A nova entrega de WOS Festival x SON Estrella Galicia presentouse esta mañá nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi coa participación do director do festival, Iván Arias, a tenente de alcalde e concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, o deputado de Promoción Económica da Deputación de A Coruña, Blas García; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director de AGADIC, Jacobo Sutil, e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia, Víctor Martiñán.

Blas García destacou o apoio da Deputación a festivais que, coma o WOS, non só supoñen unha referencia cultural senón que teñen un importante retorno económico para as cidades e vilas que os acollen. O deputado subliñou tamén a "calidade artística" que o evento traerá un ano máis a Compostela, con artistas de 16 países e estreas a nivel nacional e internacional.

Iván Arias, director do festival, describe esta nova "volta á normalidade" como "moi ilusionante". A nova edición de WOS Festival x SON Estrella Galicia continúa coa aposta do festival por presentar propostas contemporáneas en torno ao "risco, a innovación e a exploración" co obxectivo de ofrecer unha alternativa cultural e artística de calidade en Santiago de Compostela. "Temos artistas moi difíciles de ver nesta situación periférica. Hai numerosas estreas en España e algún internacional. Trátanse todos de artistas moi especiais e únicos".

A edición deste 2022 do evento desenvolverase en doce localizacións de valor patrimonial da capital galega: o museo CGAC, o Teatro Principal, as Igrexas de Bonaval e da Universidade, as salas Capitol e Malatesta, a Fundación Eugenio Granell, a Sede Afundación, o Auditorio Abanca, o cinema Numax, a Fundación SGAE e o Parque de Bonaval.

WOS Festival x SON Estrella Galicia dará comezo o próximo xoves co concerto inaugural desta edición: o concerto audiovisual de Holy Other que se celebrará no Teatro Principal o xoves. O seu espectáculo inclúe imaxes do artista visual portugués Pedro Maia. Holy Other é un artista de referencia do witch house que regresou tras nove anos de ausencia cun novo álbum, Lieve. A súa programación estenderase desde entón durante toda a fin de semana. Tanto o programa de conferencias en torno ao pensamento e debate como os concertos e dj sets programados no Parque de Bonaval son actividades de acceso libre.


Entre a programación inclúese a estrea mundial de 'ATAARPHONOAK', o espectáculo audiovisual do estadounidense Rafael Anton Irisarri e Florence To, numerosas estreas en España, como a presentación do novo traballo da italiana Caterina Barbieri ou o debut no noso país do británico Blackhaine entre moitos outros. Outra das grandes novidades é a volta da programación de clubbing con referentes a nivel europeo como as neerlandesas upsammy e mad miran.

O festival está organizado pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY. O evento conta co apoio estratéxico de SON Estrella Galicia vinculando unha vez máis o seu nome como patrocinador principal e co apoio institucional do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña, a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22 e AGADIC, ademais doutras institucións e axentes culturais que operan na cidade. Tanto os últimos abonos como as últimas entradas de día, así como as de actividades puntuais, están á venda e pódense adquirir a través de https://wosfestival.es.

PROGRAMA MÚSICA (Orde A-Z)

AHO SSAN & KMRU PRESENT 'LIMEN´ (FR/KE) - [live A/V]*
ALICIA CARRERA (ES) - [dj]
ARTUR M PUGA & SHOEG (ES) - [live A/V]**
AQUARIAN PRESENTS 'OUROBOROS´ (VISUALS BY SOUGWEN) (CA) - [live A/V]*
AYA FEAT. SWEATMOTHER (UK) - [live A/V]
AZU TIWALINE (TN) - [live]
BLACKHAINE (UK) - [live]*
CARMEN VILLAIN (NO/MX) - [live]
CATERINA BARBIERI (IT) - [live A/V]*
COBY SEY (UK) - [live]*
CRNDS (ES) - [live]*
DEATH WHISTLE (ES) - [live A/V]
GRAND RIVER & MARCO CICERI PRESENT 'FOG´ (NL-IT/IT) - [live A/V]*
HOLY OTHER & PEDRO MAIA (UK/PT) - [live A/V]
HUERCO S. (US) - [live]*
MAD MIRAN (NL) - [dj]
PAN·AMERICAN (UK) - [live]*
PRISON RELIGION (US) - [live]*
RACHIKA NAYAR (US) - [live]*
RAFAEL ANTON IRISARRI & FLORENCE TO PRESENT 'ATAARPHONOAK´ (US/UK-HK) [live A/V]**
SOFIE BIRCH FEAT. NANA PI (DK) - [live]*
ULLA STRAUS (US) - [live]
UPSAMMY (NL) - [dj]
YUGEN KALA (ES) - [dj]
ZBIEGNEW CHOJNACKI (PL) - [live]*

PROGRAMA CINEMA

A SYMPHONY OF NOISE. MATTHEW HERBERT'S REVOLUTION
ÉLIANE RADIGUE – ECHOS*
O GEMER

PROGRAMA CONFERENCIAS

CONVERSA CO ARTISTA: RAFAEL ANTON IRISARRI
PANEL DE DISCUSIÓN: TRAS O GRAN REINICIO: A INDUSTRIA CREATIVA ANTE UNHA INMINENTE RECESIÓN PLANETARIA E SUBORDINACIÓN DIXITAL
CONFERENCIA: O XEMER DUN CARRO. XABIER ERKIZIA

*Estrea en España
**Estrea mundial