Estás en:Novas
Nova lectura no Club dixital EbiblioDaCoruna

Cartas de amor a Stalin, de Juan Mayorga

Accede libremente coas claves da EbiblioDaCoruna a partir do día 20 de outubro.

Cartas de amor a Stalin, de Juan Mayorga

A partir do xoves 20 de outubro, podes entrar no Club de lectura dixital EbiblioDaCoruna e tomar en préstamo a obra "Cartas de amor a Stalin" de Juan Mayorga. Estaremos traballando sobre este libro na sala Compartiendo lecturas. Entra, toma o libro prestado, le, comenta, e chatea co resto de participantes.

Juan Mayorga foi galardoado este ano co Premio Princesa de Asturias das Letras 2022, segundo o xurado, "pola enorme calidade, fondura crítica e compromiso intelectual da súa obra: acción, emoción, poesía e pensamento. Desde os seus comezos, Mayorga propuxo unha formidable renovación da escena teatral, dotándoa dunha preocupación filosófica e moral que interpela á nosa sociedade, ao concibir o seu traballo como un teatro para o futuro e para a esencial dignidade do ser humano."

Se tes as claves da EbiblioDaCoruna, accede ao club premendo aquí.

Se aínda non tes as claves, date de alta premendo aquí.

Páxinas suxeridas