Convocatoria probas selectivas promoción interna, subescala de Intervención-Tesourería, categoría de Entrada (FHN).
Ministerio de Facenda e Función Pública
Orde HFP/1074/2022, do 4 de novembro, pola que se convocan probas selectivas para o acceso, por promoción interna, á subescala de Intervención-Tesourería, categoría de Entrada, da Escala de funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional. Convócanse probas selectivas para cubrir 360 prazas por promoción interna de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, subescala de Intervención-Tesourería, categoría de entrada.
https://www.boe.es/boe/dias/2022/11/11/pdfs/BOE-A-2022-18489.pdf
a) Fase de oposición.
A fase de oposición consistirá na realización dun exercicio único que se indica a continuación e que será eliminatoria.
Exercicio único:
O exercicio consistirá na resolución por escrito de tres supostos prácticos, un de cada unha das materias que se indican a continuación, referentes ás funcións de Intervención-Tesourería que o Tribunal Cualificador determine, durante un período máximo de 4 horas:
1. Orzamento. O orzamento e as súas modificacións. Xestión orzamentaria. Execución e liquidación do orzamento. Regras fiscais da Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Morosidade e período medio de pago.
2. Contabilidade: contabilidade financeira. Contabilidade analítica e de xestión. Contabilidade pública local.
3. Tesourería e recadación. Operacións de crédito. Principio de prudencia financeira. Xestión tributaria, recadación e inspección tributaria. Xestión da tesourería e dos ingresos.