Estás en:Novas

Pildora informativa: Consellos para unha compra segura

Pildora informativa: Consellos para unha compra segura

Desde hai algúns anos a compra de artigos a través de internet converteuse nunha práctica habitual para a maioría das persoas.

O chamado ‘Black Friday’ ou ‘Venres Negro’ xa é un dos días do ano no que se levan a cabo máis compras por internet en todo o mundo. Desde a Deputación Provincial da Coruña queremos axudarche a que estas compras sexan máis seguras cos seguintes consellos:

  • Antes de iniciar calquera compra, actualiza os dispositivos persoais que vaias empregar (ordenador, móbil, tableta) para que estean protexidos fronte as vulnerabilidades.
  • Cando deas de alta unha conta nun servizo de Internet como unha tenda en liña:
    • Nunca utilices as credenciais corporativas para o rexistro de servizos alleos á actividade laboral.
    • Utiliza contrasinais difíciles de adiviñar que sexan robustos, renóvaos periodicamente.
    • Utiliza contrasinais únicos para os distintos servizos. Evitarás que o compromiso nun deles afecte ao resto.
    • Trata de utilizar o dobre factor de autenticación sempre que poidas para engadir unha capa adicional de seguridade.
  • Evita facer as túas compras conectado a través de redes Wifi públicas.
  • Navega só por sitios de confianza, que comecen pola icona dun cadeado e por HTTPS.
  • Compra en páxinas web de sitios oficiais e de reputación contrastada.
  • Coidado coas ofertas incribles, investiga a reputación do vendedor.
  • Utiliza tarxetas virtuais para as túas compras, cargándoas co importe exacto que custe o que vas comprar.
  • Activa as notificacións de operacións da túa app bancaria e revisa a túa conta con frecuencia.
  • Examina con coidado as garantías, os prazos de entrega e a posibilidade de cancelar a compra ou devolver os produtos.
  • Investiga a orixe dos envíos: moitas veces hai custos ocultos de envío ou poden quedar retidos na aduana.

Boa compra!