Estás en:Novas

Éxito do primeiro encontro do Torneo 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán en Carballo

Star e Makariños, campións na primeira proba 

Éxito do primeiro encontro do Torneo 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán en Carballo

O primeiro encontro do Torneo 5x5 Deputación da Coruña de Balonmán que se celebrou esta fin de semana en Carballo foi un éxito, tanto de asistencia de público como de deportistas participantes nun evento deportivo que congregou na praza do concello da localidade a centos de seguidores durante os tres días de competición. 

Os campións desta primeira proba foron os equipos Star e Makariños, integrados por pequenos e pequenas deportistas entre os 6 e os 11 anos. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, foi a encargada de entregar as medallas aos gañadores.

A competición continuará os vindeiros fins de semana en Cerceda, Ferrol, Muros, Arzúa e Ribeira, e rematará cunha gran final en Camariñas, entre o 19 e o 21 de maio