Estás en:Novas

A Deputación financia con 40.000 euros a e renovación do parque infantil de San Vitorio, en Mugardos

A actuación, financiada polo Plan Único, contempla a renovación completa desta zona coa instalación de varios xogos infantís e mobiliario

A Deputación financia con 40.000 euros a e renovación do parque infantil de San Vitorio, en Mugardos

O Concello de Mugardos vén de licitar as obras de acondicionamento de parque infantil en San Vitorio, financiadas con cargo o Plan Único da Deputación cun orzamento total de 40.000 euros.

As obras permitirán adaptar a zona a unha área de xogos infantís, retomando así o uso ao que fora destinado anos atrás. O parque, situado na rúa Franza de Abaixo, nas inmediacións da capela de San Vitorio, dispón dunha superficie aproximada duns 182 m2 , revestida de lousa de lousa, con arboredo e dotada de dous luminarias, e escaso mobiliario público.

Contémplase a retirada do mobiliario e do pavimento de lousa existente, a instalación de pavimento de seguridade de caucho continuo sobre a totalidade da superficie, a instalación de valo de seguridade, cartel informativo e mobiliario urbano formado por bancos de madeira e papeleira. Todos os elementos a instalar cumprirán as normas de seguridade en parques infantís.

En canto á renovación de xogos e mobiliarios no parque infantil instalaranse unha randeeira cesta, unha randeeira con dous asentos mixto, un tobogán. un balancín lineal cun asento, colocación de valo de madeira de piñeiro silvestre, dous bancos de 1,80 m. de lonxitude, con pés grosos e acabado de madeira con cores naturais, un cartel informativo vinilado, e unha papeleira de madeira tratada.

Desde a súa creación, o Plan Único investiu 2,6 millóns de euros en Mugardos, permitindo financiar 35 obras e servizos públicos que melloran a calidade de vida da veciñanza.