Estás en:Novas

Curso de Lego WeDo 2023

WeDo é a plataforma educativa máis sorprendente e divertida para iniciarse na robótica e na programación. Os kits teñen máis de 150 pezas, un motor, un sensor de inclinación e outro de distancia, proporcionándonos miles de horas de diversión e aprendizaxe.

Curso de Lego WeDo 2023

Dirixido a nenos e nenas de 7 e 8 anos
HORARIO: de 10:30 a 12:00 h
LUGAR: Sala Infantil e Xuvenil
PRAZAS: 12
DATA DE INSCRICIÓN: Comeza o 6 de marzo

DATAS DO CURSO: Os sábados:
• 11, 18 e 25 de marzo
• 1, 15 e 22 de abril
• 6, 13, 20 e 27 de maio

Para calquera dúbida, chame ao 981 080 171 ou escriba a biblioteca.infantilxuvenil@dacoruna.gal.