Estás en:Novas

A cooperativa xuvenil padronesa Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia

Moira xurdiu da acción formativa "Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo", iniciativa conxunta da Fundación Paideia, a Deputación da Coruña, a Fundación EOI e Deloa

O programa formativo estaba dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos e en situación de desemprego

O premio consiste en 60.000 euros para financiar a posta en marcha e o primeiro ano de actividade da cooperativa gañadora

A cooperativa xuvenil padronesa Moira, gañadora do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Marketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia

O Pazo de Goiáns, en Boiro, acolleu a entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas no sector do Márketing Dixital impulsado pola Deputación da Coruña, a Fundación Paideia.

Ao acto asistiron Manuel Vázquez Sesmonde, xefe do Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica da Deputación da Coruña; José Ramón Romero, alcalde de Boiro, Eva Curto Izquierdo, representante da Fundación EOI; Xacobe Galbán Hermo, socio da cooperativa Kracia; Isabel Pernas, socia da cooperativa Creativas Galegas; e Guillermo Vergara, vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, acudiron ao Pazo de Goiáns de Boiro para facer entrega de premios do Concurso de Proxectos Cooperativistas.

Durante esta xornada e, con carácter previo á entrega do premio, tivo lugar a presentación dos proxectos creados a raíz da acción formativa "Marketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo".

Grazas a este programa formativo, mozos e mozas menores de 30 anos en situación de desemprego recibiron máis de 200 horas de formación impartidas por recoñecidos profesionais do marketing dixital e do traballo cooperativo, referentes tanto a nivel galego como nacional.

As formacións grupais e as titorías desenvolvéronse durante os últimos meses nos concellos de Boiro, Noia e A Coruña e contaron co financiamento do Fondo Social Europeo. Ademais as persoas participantes contaron co asesoramento da consultora Ernst & Young para o desenvolvemento dos seus proxectos cooperativistas.

Nesta edición resultou gañadora a cooperativa xuvenil padronesa Moira, creada por 5 mozos e mozas con formación e habilidades complementarias. A misión desta cooperativa é impulsar o crecemento e a visibilidade das marcas conscientes nos sectores do turismo, os produtores locais e os grupos de desenvolvemento local, a través de estratexias de márketing dixital. Procuran deixar unha pegada positiva e tanxible na sociedade, convertendo o dixital en resultados concretos e significativos.

O premio consiste en 60.000 euros para financiar a súa posta en marcha e o seu primeiro ano de actividade.

Máis información sobre esta nova edición da acción formativa de "Márketing Dixital, Empregabilidade e Cooperativismo" na súa páxina web:

https://www.paideia.es/marketing-dixital-2023/