Estás en:Novas

As Pontes acolle mañá o II Ciclocross Lago das Pontes

A proba conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da liña de apoio a grandes eventos deportivos

As Pontes acolle mañá o II Ciclocross Lago das Pontes

O entorno do lago das Pontes acollerá mañá, 12 de outubro, a partir das 9.30 horas, a celebración do II Ciclocross Internacional Lago das Pontes, que neste 2203 continúa a súa andaina como proba internacional ascendendo a categoría C1-UCI e forma parte do calendario de probas puntuables do Campionato de España de Cilclocross. A proba conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da liña de apoio a grandes eventos deportivos.

A proba está aberta ás categorías Elite sub-23, Júnior, Cadete e Máster, todas elas masculinas e femininas e terán duracións entre os 30 e os 60 minutos. Repartiranse máis de 8.000 euros entre os gañadores e gañadoras das diferentes categorías.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, seguirá a proba e participará na entrega de premios das diferentes categorías.