Estás en:Novas
Reto lector na Biblioteca da Deputación

Advento Literario na BD

#AdventoLiterarioNaBD

Advento Literario na BD

#AdventoLiterarioNaBD

Estamos a piques de entrar no mes do Nadal, e desde a Biblioteca da Deputación da Coruña queremos propoñervos un reto lector que nos acompañe ao longo deste mes.

A xeito de calendario de advento, propoñémosvos unha serie de retos que se irán revelando cada día, e cos que poderás conseguir un agasallo moi especial. 

A seguir detállanse as bases de participación. Segue as novas do evento nas redes (#AdventoLiterarioNaBD) e na propia Biblioteca para non perderte nada!

Como participar?

    • Ten conta de todos os libros e películas que publicamos cada día desde o 1 ao 24 de decembro.
    • Escolle entre todos eles os tres que máis che gustan ou chaman a atención e lévaos en préstamo.
    • Se aínda non es usuaria/o, faite nun momento e participa!
    • Desfruta das túas tres eleccións e contesta ao noso cuestionario desde o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro.
    • Podes gañar un lote de produtos da biblioteca! Faremos un sorteo de tres lotes entre as persoas participantes!

Só por participar tes asegurado o marcapáxinas #AdventoLiterarioNaBD que deseñamos para o reto.

Comezamos?