Formoso recibe en Lugo un dos premios “Milagrosista do Ano”
Os galardóns entrégaos anualmente a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Barrio da Milagrosa de Lugo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu ante un dos premios "Milagrosista do ano", entregados pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais do Barrio da Milagrosa de Lugo nun acto que congregou a unha ampla representación de representantes sociais, políticos e veciñais da provincia de Lugo e de Galicia.
Formoso, que recibiu o galardón de mans da deputada Lara Méndez e a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, felicitou á entidade pola súa longa traxectoria de compromiso co desenvolvemento social e económico do barrio da Milagrosa.
O presidente provincial destacou a importancia do movemento asociativo veciñal e empresarial, "que traballa, como os gobernos municipais, por mellorar os nosos barrios, vilas e cidades e mellorar a calidade de vida das persoas".
Ademais de Formoso, outras persoas e institucións que recibiron os premios este ano foron o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López Díaz, o xefe da Brigada da Policía Xudicial de Lugo, Moisés Muñiz, a alcaldesa de Burela, Carmela López, o xefe de Ciruxía do HULA, José Conde Vales, a xuíza Susana Vázquez Mariño ou a concelleira de Benestar Social e Maiores de Lugo, Olga López.