Feliz San Valentín!

Chegou o 14 de febreiro! Unha data celebrada e deostada a partes iguais, pero na que, sexas da opinión que sexas, na Biblioteca non nos resistimos a sacar todo o arsenal de libros para amenizar esta data.
CITA A CEGAS
Déixate sorprender por algún dos libros sorpresa que empaquetamos para ti. Pequenas xoias literarias que seguro que están entre as túas listas de pendentes. Elixe un a cegas e lévao contigo á casa para pasar esta data. E cando o remates, cóntanos como foi a túa cita cubrindo a enquisa que che proporcionamos co libro e deixándoa no buzón.
LIBROS SOBRE O AMOR NA EBIBLIODACORUNA
Na biblioteca dixital atoparás un carrusel de San Valentín con novelas románticas e outros libros sobre o amor… Elixe un para pasar o día soñando… Entra no carrusel Por San Valentín, enamórate de un libro