Estás en:Novas

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2025, que destina 7 millóns de euros a reforzar os servizos sociais nos concellos da provincia

O programa permite financiar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, respiro familiar, programas de conciliación e apoio a persoas maiores e familias vulnerables

Formoso destaca que se trata dun apoio fundamental para que os concellos poidan desenvolver políticas sociais que melloran a calidade de vida de miles de persoas

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2025, que destina 7 millóns de euros a reforzar os servizos sociais nos concellos da provincia

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 6.992.300 euros, que serán repartidos entre os 93 concellos da provincia para atender necesidades prioritarias no ámbito do benestar social.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, "o POS+Social constitúe un apoio fundamental para que os concellos poidan desenvolver políticas sociais que melloran a calidade de vida de milleiros de persoas, especialmente maiores, persoas dependentes, con diversidade funcional ou menores de familias en situación de vulnerabilidade".

A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional, ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais ou dos servizos de axuda no fogar municipais, así como investimentos en infraestruturas ou equipamentos que melloren a atención á cidadanía.
Un programa consolidado que naceu na pandemia

O POS+Social foi creado no ano 2020, en plena crise sanitaria da covid-19, como resposta ao incremento das necesidades sociais nos concellos. Desde entón, consolidouse como unha das liñas máis valoradas do Plan Único pola súa capacidade de adaptación ás realidades e prioridades de cada municipio. En cinco anos, a Deputación destinou máis de 61 millóns de euros a esta liña de apoio ao tecido social local.
Reparto territorial

O orzamento distribúese entre as comarcas de A Coruña (1,59 millóns), Santiago (2,01 millóns), Bergantiños-Costa da Morte (1,21 millóns), Ferrolterra, Eume e Ortegal (1,29 millóns) e Barbanza (880.000 euros). A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente, aínda que tamén se contemplan achegas para investimentos específicos.

A comarca de Santiago lidera o volume de fondos, seguida polas comarcas da Coruña, Ferrol, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza. A distribución baséase nos mesmos criterios obxectivos do POS, tendo en conta aspectos como como a poboación, a superficie ou a dispersión territorial.

O POS+Social é un exemplo maís do modelo de cooperación municipal que promove a Deputación da Coruña, no que a administración provincial actúa como garante da igualdade territorial e de acceso aos dereitos sociais, prestando especial atención aos concellos pequenos e rurais, que adoitan ter máis dificultades para manter servizos sociais estables por falta de recursos propios.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, salientou que "apostamos por un modelo de política social que poña ás persoas no centro, con servizos próximos, humanos e adaptados á realidade de cada concello. O POS+Social é unha mostra de como a colaboración entre administracións pode traducirse en mellores condicións de vida para milleiros de persoas".

Comarca A Coruña

Concello

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

ABEGONDO

76.859,01

74.359,01

2.500,00

ARANGA

61.321,27

59.247,78

2.073,49

ARTEIXO

174.517,09

174.517,09

0,00

BERGONDO

56.944,25

56.944,25

0,00

BETANZOS

69.955,81

69.955,81

0,00

CAMBRE

121.357,52

121.357,52

0,00

CARRAL

57.309,11

57.309,11

0,00

COIRÓS

34.897,75

34.897,75

0,00

A CORUÑA

29.082,42

29.082,42

0,00

CULLEREDO

146.538,72

128.388,72

18.150,00

CURTIS

66.226,82

63.226,82

3.000,00

IRIXOA

38.523,33

36.493,00

2.030,33

MESÍA

64.943,87

64.943,87

0,00

MIÑO

54.641,09

53.133,02

1.508,07

OLEIROS

163.791,94

163.791,94

0,00

PADERNE

40.893,81

30.200,80

10.693,01

SADA

85.395,65

85.395,65

0,00

SOBRADO DOS MONXES

65.841,78

65.841,78

0,00

VILARMAIOR

30.143,18

29.663,18

480,00

VILASANTAR

40.508,19

39.708,19

800,00

OZA-CESURAS

109.848,17

109.848,17

0,00

TOTAL

1.589.540,78

1.548.305,88

41.234,90

Comarca Santiago

Concello

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

AMES

158.605,14

158.605,14

0,00

ARZÚA

104.674,13

104.674,13

0,00

A BAÑA

68.428,68

68.428,68

0,00

BOIMORTO

56.732,46

56.732,46

0,00

BOQUEIXÓN

63.195,64

63.195,64

0,00

BRIÓN

71.690,63

71.690,63

0,00

DODRO

33.133,01

33.133,01

0,00

FRADES

56.394,59

56.394,59

0,00

MELIDE

97.827,45

97.827,45

0,00

NEGREIRA

88.804,83

88.804,83

0,00

ORDES

116.981,77

116.981,77

0,00

OROSO

71.587,72

71.587,72

0,00

PADRÓN

61.903,04

61.903,04

0,00

O PINO

82.281,68

82.281,68

0,00

ROIS

68.020,93

60.103,41

7.917,52

SANTA COMBA

127.270,32

121.770,32

5.500,00

SANTIAGO DE COMPOSTELA

124.607,24

124.607,24

0,00

SANTISO

56.327,56

56.327,56

0,00

TEO

114.311,71

108.624,71

5.687,00

TOQUES

49.439,79

49.439,79

0,00

TORDOIA

70.529,63

70.529,63

0,00

TOURO

78.760,46

78.760,46

0,00

TRAZO

64.260,82

64.260,82

0,00

VAL DO DUBRA

69.780,11

69.780,11

0,00

VEDRA

57.650,17

57.650,17

0,00

TOTAL

2.013.199,51

1.994.094,99

19.104,52

Comarca Bergantiños-Costa da Morte

Concello

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

CABANA DE BERGANTIÑOS

66.695,94

66.695,94

0,00

CAMARIÑAS

49.178,25

49.178,25

0,00

CARBALLO

195.413,37

195.413,37

0,00

CEE

61.712,58

61.712,58

0,00

CERCEDA

71.715,54

69.901,04

1.814,50

CORCUBIÓN

20.320,15

19.596,57

723,58

CORISTANCO

92.683,74

92.683,74

0,00

DUMBRÍA

71.567,03

71.567,03

0,00

FISTERRA

39.421,45

32.421,45

7.000,00

LAXE

38.455,64

37.345,63

1.110,01

A LARACHA

103.032,94

88.464,55

14.568,39

MALPICA DE BERGANTIÑOS

56.276,43

56.276,43

0,00

MUXÍA

79.514,24

79.514,24

0,00

PONTECESO

73.821,40

73.821,40

0,00

VIMIANZO

107.523,06

107.523,06

0,00

ZAS

86.752,38

86.752,38

0,00

TOTAL

1.214.084,14

1.188.867,66

25.216,48

Comarca Ferrol

Concello

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

ARES

42.383,10

42.383,10

0,00

CABANAS

39.669,04

39.669,04

0,00

A CAPELA

35.525,39

35.525,39

0,00

CEDEIRA

67.703,66

52.376,16

15.327,50

CERDIDO

33.210,99

33.210,99

0,00

FENE

71.493,71

71.493,71

0,00

FERROL

56.766,61

56.766,61

0,00

MAÑÓN

47.536,27

43.050,72

4.485,55

MOECHE

34.672,10

34.672,10

0,00

MONFERO

78.343,86

73.978,86

4.365,00

MUGARDOS

39.851,27

32.520,82

7.330,45

NARÓN

173.082,01

173.082,01

0,00

NEDA

39.219,55

39.219,55

0,00

ORTIGUEIRA

119.460,91

94.460,91

25.000,00

PONTEDEUME

54.720,61

54.720,61

0,00

AS PONTES

143.791,19

125.791,19

18.000,00

SAN SADURNIÑO

58.450,43

58.450,43

0,00

AS SOMOZAS

45.776,24

45.776,24

0,00

VALDOVIÑO

70.078,10

68.078,10

2.000,00

CARIÑO

43.322,78

43.322,78

0,00

TOTAL

1.295.057,82

1.218.549,32

76.508,50

Comarca Barbanza

Concello

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

BOIRO

111.318,46

40.168,46

71.150,00

CARNOTA

51.398,67

51.398,67

0,00

LOUSAME

57.303,22

57.303,22

0,00

MAZARICOS

94.905,60

94.905,60

0,00

MUROS

70.164,19

70.164,19

0,00

NOIA

75.785,46

75.785,46

0,00

OUTES

73.588,48

73.588,48

0,00

A POBRA DO CARAMIÑAL

56.932,98

56.932,98

0,00

PORTO DO SON

82.649,33

82.649,33

0,00

RIANXO

72.359,35

72.359,35

0,00

RIBEIRA

134.012,37

134.012,37

0,00

Total

880.418,11

809.268,11

71.150,00

TOTAL ACHEGAS POS+SOCIAL

Comarca

Total concedido

Achega gasto corrente

Achega investimento

A Coruña

1.589.540,78

1.548.305,88

41.234,90

Santiago

2.013.199,51

1.994.094,99

19.104,52

Bergantiños-Costa da Morte

1.214.084,14

1.188.867,66

25.216,48

Ferrol

1.295.057,82

1.218.549,32

76.508,50

Barbanza

880.418,11

809.268,11

71.150,00

Total

6.992.300,36

6.759.085,96

233.214,40